Nesta segunda feira non estaremos solos, contamos coa participación das escolas de hostaleira, xa que son o futuro de noso sector, ademais dos profesionais que están connosco detrás dos fogóns. Estarán os panadeiros e pasteleiros que a través da súa asociación Afapan ensinarannos que a tradición e a modernidade non están reñidos, ofertando as súas producións artesanais e mostrándonos o seu saber facer.
Contamos coa colaboración de OPP7 Burela, IGP Tenreira Galega e Pemento de Mougán que porán nas nosas mans as súas elaboracións mais selectas para que os nosos cociñeiros e panadeiros deixen voar a súa imaxinación para que as nosas papilas gustativas se empreguen a fondo.
Sen esquecernos de Agacal que nos achegara ós produtos autóctonos, ademais de traernos a cata dos viños galegos premiados neste ano. Temos avanzando coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), para que esten con nós.Coma novidade, un novo espazo de maridaxe onde xuntaremos adegas con cociñeiros para o pracer dos sentidos, un túnel de tapas no que faremos voar a imaxinación, un cuadrilátero no que competiran cocteleiros do mais selecto do panorama nacional, sen esquecernos dos distintos espazos abdicados o café e a cervexa e algunha sorpresa mais pendente de confirmar.
Agradecemos o esforzo e a especial colaboración e patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo´22, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo que ademais nos acompañaran nesta aventura.
Este ano como o anterior a Feira terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, tendo por horario de 12:00 a 21:00.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo – Rúa Acceso Complexo Dep.Palo, S/N, 27004 Lugo