3ª Feira dos distribuidores 2023

24 e 25 de setembro do 2023


III Feira

L de LUGO


  • Parece que queda moi atrás o comezo das nosas andaduras coma asociación de distribuidoras de hostalaría e alimentación, en onde só estabamos a reivindicar a importancia que tiñamos coma sector na economía e mais o turismo, un espazo que acadamos grazas a creación da Feira L de Lugo nun momento realmente complexo polo que estabamos a vivir tanto a nivel sanitario coma económico. Esa primeira festa das distribuidoras non so deu a coñecer as nosas empresas ó publico xeral e as administracións, senón que demostrou a capacidade de convocatoria que temos coma sector traendo a Lugo as mellores marcas de alimentación frescos e conxelados, adegas, fabricantes de espirituosas, cervexeiras, maquinaria de hostalaría, menaxe; conseguindo facer unha mostra atractiva tanto para un publico profesional, coma para unha cidadanía que estaba a vivir un momento angustioso pola covid-19, atraendo a milleiros de visitantes.
  • Isto animounos a repetir o ano pasado creando unha segunda edición moito mais ambiciosa, convidando a participar a tódolos sectores que teñen vinculación ca gastronomía ou que axuden a atraer turismo de calidade as nosas comarcas, creando nesta segunda aventura unha feira gastronómica en onde se poido apreciar que Galicia e o pais mais rico do mundo, amosando ademais dos produtos que estamos a ofertar coma distribuidoras, a riqueza que temos como quilometro cero: viño, peixe, marisco, horta, carnes autóctonas, queixos,…. E todo isto fixémolo chegar os nosos visitantes da mellor forma posible, coa elaboración dos nosos mellores

cociñeiros e cas creacións doutros convidados de luxo, os nosos mestres panadeiros a través da súa asociación Asofapan. Achegando os nosos visitantes a oportunidade de probar os nosos produtos, grazas a colaboración de: Agacal, Opp-7 Burela, Asoporcel ou Boaga.

  L de Lugo

  • Nesta terceira feira queremos dar un paso mais, queremos crear unha nova forma de chegar o produtor directamente o publico e especialmente o sector profesional, tanto as distribuidoras coma os hostaleiros, queremos que os nosos produtos teñan nome e apelidos, xa que pensamos que que non vale de nada ter unhas materias primas de alta calidade se non se consigue crear unha demanda. A nosa intención e de crear unha liña de produtos autóctonos elaborados de formas novidosas polos nosos cociñeiros, e ofertalos a prezos populares, nos que aparte do paraugas das denominacións de orixe ou Ixp, se visualice o traballo diario.
  • Tamén contaremos cun par de concursos para profesionais: tiraxe de cervexa e de elaboración de bocata ou fast food con produtos autóctonos entro outras iniciativas. A todo isto, sumaremos tódalas actividades que mantivemos nestas dúas edicións anteriores: showkookings, catas, maridaxes, túnel de viños, maquinaria profesional de hostalaría, menaxe, baristas, cervexa, adegas, conxelados, alimentación, charlas formativas,.. Estamos ansiosos de compartir estas experiencias con todos vos.

A Feira gastronómica

A celebración da  feira significou para nos, coma distribuidores, ser focos de atención das administracións, prensa e público en xeral, ademais de conseguir o obxectivo marcado que non era outro que ter a afluencia de profesionais de  Galicia e de Asturias, o que fixo que o evento fose unha experiencia de éxito, permitíndonos afrontar esta segunda edición cunhas expectativas moito máis ambiciosas. 
Este ano pretendemos que a Feira L de Lugo sexa un escaparate de toda a gastronomía rexional e que se converta en pouco tempo na feira gastronómica mais importante do noroeste peninsular, reivindicando o potencial turístico que podemos ofertar. 
Para acadar as nosas pretensións a parte da nosa presencia, queremos contar cos principais produtores de Galicia (sen esquecernos de Asturias occidental e do Bierzo), denominacións de orixe e identidades xeográficas protexidas, empresas privadas do ámbito alimentario industriais ou artesanais.  
Como novidades presentaremos varios concursos específicos para profesionais da hostalaria e a creación dún novo espazo gastronómico onde chegar os nosos productos autóctonos ó público en xeral cunha participación directa dos produtores

Pazo de Feiras de Lugo

Av de los Deportes, s/n, 27004 Lugo (Nacional VI)




Distribuidoras

Adislugo quere potenciar a gastronomía porque é fundamental para a hostalaría e o motor real do turismo de calidade.

O éxito do ano pasado ven da man das distribuidoras, xa que o seu poder de convocatoria permitiu achegar a Lugo as principais marcas do panorama nacional.


Cociñeiros

  • Comer: é tomar o alimento pola boca e tragalo para que pase ó estómago (Se a calquera dos nosos cociñeiros lle imos co conto este…..)
  • Unha das nosas virtudes é a calidade das nosas materias primas a outra é a xenialidade que lles ven no ADN dos nosos cociñeiros.

Non todas as feiras son iguais

Se tes ido a algunha é moi probable que sairás decepcionado, xa que tanto si vas coma expositor ou coma visitante o habitual son eventos fríos sen ningún tipo de interacción

L de Lugo é diferente, coma xa se demostrou na pasada edición, cando entres tes a posibilidade de probar centos de viños, cervexas, produtos sinxelos ou altamente elaborados, cociña vangardista ou tradicional en vivo, sorprenderte ca elaboración dun coctel ou relaxarte cun bo café feito por un barista altamente cualificado, ademais de descubrir tódalas novidades de menaxe, maquinaria e material para o dia a dia da hostalaría.

Este ano imos a mais, xa que poderás degustar  produtos únicos da nosa rexión coma a pescada do pincho de Burela, peixe espada ou rape en colaboración ca  OPP7-BURELA, tenreira galega da IXP, outras razas autóctonas a descubrir…., e todo feito polos nosos prestixiosos cociñeiros e panadeiros que nos acompañan nesta nova aventura.

Tanto si ves coma visitante profesional ou particular dispós dun servizo gratuíto para que os mais pequenos podan desfrutar con toda seguridade.

En pouco tempo estará habilitada na paxina web onde poderás solicitar a túa entrada ou invitación, ase coma, xestionar a túa reserva nas catas, comida maridaxe adega + cociñeiro, cursos, charlas formativas ou o noso novidoso túnel de tapas.


Panadeiros

Cando preguntas a calquera persoa que nos ten a visitar, que é o que mais destacarías da súa visita a Galicia, nunha grande porcentaxe  respondera: o pan.

Nesta feira xuntaremos a inventiva dos nosos mestres artesáns cos produtos auténticos da nosa terra 


Festa das distribuidoras

Os cambios poden ser positivos  pero o  mais importante e que se  as cousas van ben temos que mantelas. L de Lugo quería ser una festa de reivindicar que o nosos sector esta vinculado a hostalaría, e un ano despois así seguimos. A nosa vontade era de facer unha festa cos nosos clientes e amigos, onde compartir fora do traballo as nosas vivencias, ensinar os nosos produtos, contar uns contos e pasar un cacho cos que son a nosa familia. Por iso deseñamos un espazo onde traer as nosas parellas ,os nosos nenos e rematar o dia cunha boa verbena, coma non pode ser menos.  

Marcas

A importancia de que un produto chegue o consumidor final cas condicións óptimas é o obxectivo final dun produtor.

A labor loxística que facemos as distribuidoras fan as marcas “grandes marcas”.

Algunhas das grandes marcas que nos acompañaron en L de Lugo


Expositores

As feiras son un dos eventos mellor valorado nas empresas pola gran oportunidade de negocio que supoñen, sendo a ferramenta para promocionar os produtos cos seus clientes dunha forma directa.

L de Lugo ofrece os seus expositores os medios para ademais de mostrar os seus produtos de modo clásico, facer degustacións, maridaxes, formacións, charlas ou masterclass. Para iso contaremos con servizo de copas de balde, salas multiusos, cociñas completas (pedir con antelación), salóns ou miniescenarios.


Cocteleiros

Nunha actividade abdicada a hostalaría non pode faltar a excelencia da mixoloxía, unha disciplina que require ter un dominio absoluto de bebidas e receitas, nesta nova edición teremos un espazo exclusivo onde contaremos ca presenza do mais selecto do panorama nacional.


Baristas

Seguirán sorprendendo a todos cas marabillas que se poden realizar a partir do froito desta pequena arbore, este ano contaremos de novo ca presenza destes “maquinas” e algunha sorpresa mais.


Exaltación do noso


Seguemento nos medios I Feira de Lugo

Deputación (enlace)

El progreso (enlace)

Youtube (enlace)

La Voz De Galicia (enlace)

TVG (enlace)


ORGANIZA

PATROCINAN

COLABORAN


Este ano pretendemos que a Feira L de Lugo sexa un escaparate de toda a gastronomía rexional e que se converta en pouco tempo na feira gastronómica mais importante do noroeste peninsular.

Contacto: 

☎️ 663 915 958

 📩 info@adislugo.es

 Información e reserva: 

ldelugo.es

📍 LOCALIZACIÓN:

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

🗓️ DATAS:

Domingo 24 e Luns 25 Setembro 2022.

🕛 HORARIOS:

Domingo 24 de 11:00 a 21:00 (Público xeral con entrada).

Luns 25 de 11:00 a 00:00 (Aceso só para profesionais con invitación).


ASOCIACIÓN DE DISTRIBUIDORES DE HOSTALARÍA E ALIMENTACIÓN DE LUGO
CEI-NODUS 2º andar, Avenida da Coruña ,500. 27003 Lugo.